11 Setembro 2016
• A recollida de leite da UE creceu un 3,3 % no primeiro semestre de 2016, pero por primeira vez desde o fin das cotas, en xuño 2016 as entregas diminuíron nun 2 %. • Os prezos medios do leite ao produtor aproximáronse a 25.5 c / kg en xuño, o que supón unha redución do 25% en relación a unha media de 5 anos. En base a estimacións, os prezos do leite poden ter tocado fondo en agosto de 2016. Os prezos dos produtos lácteos en xeral melloraron desde maio, sobre todo a manteiga e LEP.