29 Xuño 2016
A recollida de leite na UE creceu un 5,6 % nos primeiros catro meses de 2016. Os prezos medios ao produtor aproximáronse a 27,3 c/kilo en abril e os expertos non esperan unha mellora antes de setembro de 2016. Os prezos dos produtos lácteos, en xeral, melloraron desde maio, sobre todo manteiga e leite enteiro en po. As exportacións da UE foron fortes en abril, con China como o principal mercado. Rexistrouse unha diminución do consumo de leite líquido en Reino Unido, Francia, España e Portugal